Benvidos o blog da Asociacion dos Tecnicos de Galicia do Audiovisual (ATEGA). Un espazo para que todos e todas podamos compartir as informacions e contidos que nos parezan interesantes. Tamen esperamos que este sexa un dos canales de comunicacion da asociacion cos seus asociados/as e co resto de comunidade que conforma o Audiovisual Galego. ESTE BLOG É PÚBLICO. CALQUERA PODE LEER E ESCRIBIR AQUI OS SEUS COMENTARIOS.

29 diciembre 2006

NOVAS FRESCAS!!

Esta entrada é para contarvos que dende o 2 de novembro que comezaron as reunións de traballo da comisión, producironse tres xuntanzas dos menbros da comisión así como varias xornadas de traballo, asesoramento, etc, por separado.
Arresultas de todo esto é do traballo feito estamos en disposición de anunciar que:

Primeiro: Xa temos a proposta de estatutos redactados para á constitución da ASOCIACIÓN. Son densos xa que contan de sete capitulos e 65 artigos, pero é así como o fixa a lei. Vos recordamos que non te?en por que ser os estatutos definitivos. Son a proposta de estatutos que se vai presentar para o seu debate e aprovación ( si procede) na asamblea CONSTITUTIVA. Como non parace boa idea colgalos aqui no blog, serán facilitados por e-mail a todo profesional do sector que estea interesado en leelos antes da asemblea constitutiva, como é loxico.
Podense solicitar enviando un correo ó mail da asociacion. De eso vai o punto....

Segundo: Xa temos unha canle de comunicación entre a asociacion e os posibles asociados (de momento entre a comisión e os interesados, hasta que non esteamos legalmente constituidos). É o seguinte: asociaciontecnicosaudiovisual@gmail.com

Terceiro: Xa temos data para a asamblea constitutiva da asociación ( con seguridade a xuntanza definitiva para a contitución e a mais importante ata o momento ) Será o vindeiro SABADO trece (13) de Xaneiro ás 11:00 am , no cinema da Escola de Imaxe e Son de A Coru?a. Lugar de someso, número 6 (Detras do Carrefur de Alfonso Molina).

Cuarto: Xa temos un estudio economico provisional para a Asociación. Será presentado na asamblea constitutiva para debate, modificacións ou aprovación. Deste estudio dependen cousas como a asesoría xuriidica ou as cuotas dos socios. Un motivo mais para non faltar á asamblea.

Quinto: Xa temos oficina provisional da Asociación. Está na Coru?a, e o dia da asamblea xa se informará da súa ubicación etc.

Bueno, de momento esto é o mais importante que habia que comunicar. Seguimos a traballar para preparar a Asamblea Constitutiva e poder ahi dar todas as explicacións ás dubidas que vaian xurdindo.

Xa sabedes que aqui podedes facer todos os comentarios que creades oportuno, e vos pediría que fagades un pequeno esforzo estes dias para levar mais temas a debate na asamblea constitutiva.

Tamén vos pido que aparte da vosa asistencia, estaría moi ben que fagades de altofalante da asociación, comunicando este proxecto a todos os vosos compa?eiros e animando á xente a que ve?a o dia trece. Si na primeira asamblea a asistencia foi increible ( eramos casi un cento ), na constitutiva estaría ben superarnos.

Bueno, xa está ben de pedir cousas, agora son eu o que vos dou unha aperta ben grande a todos/as, e que te?ades un bo aninovo.
Juan Morgade.

una encuesta para hacer la prueba
que dia de la semana crees que es mejor para la proximia asamblea
Lunes
Martes
Miercoles
Jueves
Viernes
Sabado
Domingo