Benvidos o blog da Asociacion dos Tecnicos de Galicia do Audiovisual (ATEGA). Un espazo para que todos e todas podamos compartir as informacions e contidos que nos parezan interesantes. Tamen esperamos que este sexa un dos canales de comunicacion da asociacion cos seus asociados/as e co resto de comunidade que conforma o Audiovisual Galego. ESTE BLOG É PÚBLICO. CALQUERA PODE LEER E ESCRIBIR AQUI OS SEUS COMENTARIOS.

02 noviembre 2006

INFORMACION SOBRE A PRIMEIRA ASAMBLEA

Transcribese aqui, tal cual está redactada, a acta que se fixo da primeira asamblea.
ESTA É:

ACTA I

ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS DO AUDIOVISUAL GALEGO

Escola de Imaxe e Son da Coruña, 20 de Outubro de 2006

Na mesa os membros da comisión que presenta esta inciativa, Juan Morgade, Miriam Devesa, Quique Batet, Raquel Fidalgo e Tania Rodríguez, que exercerá de portavoz.

A asamblea da comezo as 20.28h,
Tania Rodríguez explica que a idea de crear a asociación xurdiu do equipo de “Los muertos van deprisa” trala suspensión da rodaxe, que son eles os que están ahí pero que podería ser calquera, simplemente traen unha iniciativa, e que a idea desta asemblea é conseguir facer entre todos unha posta en común das finalidades que debería ter esta asociación e crear uhna comisión provisional dunhas 10 persoas, onde deberían estar representados os distintos departamentos, para levar a cabo a elaboración duns estatutos, que se levarián a asemblea para a súa discusión polos membros da asociación. Comenta que teñen exemplos e información de outras asociacións. Le como exemplo os fins da Asociación Profesional de Técnicos Audiovisuales de la Comunidad Valenciana que son os seguintes:

a) La representación, defensa y promoción de los intereses económicos, sociales, profesionales y culturales de sus afiliados.
b) Fomentar y mantener el prestigio profesional.
c) Programar las acciones necesarias para consenguir mejoras sociales y económicas de sus afiliados.
d) Fomentar la solidaridad, convivencia mutua, ayuda de todos sus miembros, estimulando la participación activa en la mecánica y actividad de la asociación.

Presenta o blog onde se poden facer comentarios e onde se colgará a información sobre a asociación e comunica que de momento xa nos ofreceron un local cun ordenador durante seis meses gratis para a asociación. A continuación presenta a ORDE DO DÍA que ten os seguintes puntos:

1- Introducción.
2- Obxectivo da asemblea. (Debate-posta en común de ideas)
3- Elección dunha comisión provisional para crear un borrador dos estatutos.
4- Explicar pasos a seguir da comisión provisional.
5- Convocatoria próxima asemblea.
6- Inscripción dos interesados na asociación.


Tania comenta o importante que sería para nós ter presencia nas reunións que afecten ó noso sector, estar representados, e da paso o debate , prantexando a cuestión de que deberiamos definir quen formará e quen non parte da asociación.

Pide a palabra María Liaño dicindo que temos que unirnos dalgunha maneira para que se cre a asociación e se esixa cumplir o convenio. Explica que o convenio non o crearía a asociación senón un sindicato ó que os asociados se afiliarían despois. Respecto á comisión provisional cre que 10 persoas son moitas, que 5 ou 6 serían suficientes, e que o primero paso sería acudir a unha asesoría que nos axude a elaborar os estatutos, para isto farán falta cartos, así como para fotocopias, desplazamentos, etc. e propón pasar o “cepillo”, que é como se fai normalmente mentres non se estableza unha cota de asociados.

Toma a palabra Suso Bello que prantexa se os directores e guionistas formarían parte desta asociación, Tania apunta que o TACE e a Asociación de Técnicos Valencianos non os acollen, Suso argumenta que estes teñen traballo intelectual, que só deberían estar os que teñen un traballo técnico.

A continuación pídense voluntarios para crear a comisión provisional, levantan a man Suso Bello, María Liaño, Olga Otero, Isabel Escrigas e Elisa Vecino, a eles súmanse os membros da mesa antes citados.

Suso dí que sería importante definir tamén se queremos montar unha asociación ou un sindicato. Que pode ser delicado o que Nanda Cuiña resposta que xa está farta de listas negras, que se non nunca se da feito nada.

Pilar Aláez propón que o sindicato que nos apoie sexa o que estea máis cerca da nosa profesión, algún de cobertura nacional.

Manolo Baston di que é mellor non cinguirse a un sindicato en concreto, que el leva moitos anos nun e que non vai cambiar agora, deberiamos intentar que todos nos apoien.

Pilar Aláez di que hai que diferenciar entre sindicato e asociación, a asociación toma decisións e acordos, abre o debate de se os técnicos ó traballar fora de Galicia seguen tendo cobertura pola asociación.

Olga Otero pregunta se a asociación nos pode defender legalmente ó que María Liaño responde que sí, que non é o mesmo que denuncie unha persoa soa que quen denuncie sexa a asociación.

Beatriz Arribe di que quen lle asegura que se ela non acepta unhas condicións de traballo quen lle garante que non vai vir outro a aceptalas o que lle respostan que é unha cuestión de solidariedade, que é o risco que corremos.

Carlos Sedes dí que vivimos das subvencións, que por qué non nos unimos e presionamos á Xunta para que se cumplan os mínimos do convenio, que é do que se trata, de pedir unhas condicións mínimas.

Hai varias manifestacións sobre as horas que traballamos, Santi Jul di que por que temos que trabajar 15 horas, Álex del Río, operador de cámara, comenta que está moi queimado, farto de traballar 15 horas e que a finais dos 80 gañaba por un día de traballo o que lle custa gañar hoxe. Debátese sobre se sería posible traballar 8 horas, Suso di que tería que ser coma no cine francés, terían que darnos máis semanas de rodaxe e os produtores pode non compensarlles, rebátenlle dicindo que iso non é problema dos técnicos e Suso di que iso pode supor non ter traballo, nin de 15 horas nin de ningún.

Tania intenta reconducir o debate coa pregunta ¿Qué queremos unha asociación, un sindicato?

Sandra Sánchez apunta que está ben este debate, que é a primeira vez que nos atopamos tantos técnicos xuntos.

María Liaño propón que se vote se se quere asociación ou non.

Piden que se enumeren de novo os obxectivos da asociación e Tania volve lelos.

Repártense unhas follas para que se anote todo o que estea interesado en formar parte desta asociación.

Vólvese ó tema de quen debe pertenecer á asociación, Sandra Sánchez prantexa o caso dos realizadores, Suso di que debe depender se se cobran dereitos intelectuais ou non, explícase que hai realizadores que son asalariados, que non teñen ningún dereito sobre a obra.

Manolo Baston di que isto debería estar desglosado nos estatutos.

Conchi Iglesias propón que se vote que os participantes da asociación sexan os que non cobran dereitos.

Pela del Álamo pregunta se os productores serían considerados técnicos ou non. Suso resposta que en tele normalmente son asalariados e si serían técnicos pero nunha productora o productor obtén beneficios.

Vólvese o debate de que pasa se firmas algo por debaixo do convenio, María Liaño di que se está por debaixo do convenio é ilegal, da igual que o firmes, Suso di que podes firmar algo por debaixo do convenio estando de acordo, por exemplo nunha película cun orzamento baixo. Pídese solidariedade, que se alguén estea mal, que polo menos nos poidamos apoiar entre nos.

Tania anuncia o que publicaremos no blog, a acta da asemblea, a lista dos asociados, e os pasos que a comisión provisional vaia dando, así como os gastos que se vaian contemplando.

Toma a palabra un técnico da TVG que prantexa se eles teñen cabida nesta asociación, que son 800 traballadores e teñen o seu propio convenio, se a asociación so vai reivindicar un convenio ou se teñen cabida outros fins.

María di que a asociación debe estar para que se cumpla un convenio, sexa o convenio que sexa.

Tania dí que a convocatoria da próxima reunión farase a través do blog. Dase por finalizada a sesión ás 22.05h.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Hola Juan:

Me gustaría saber si ya sabéis algo sobre cuando va a ser la próxima asamblea, pues en principio se había dicho que el 3 de Nov(que ya sé que no hubo),y quería saber si se baraja alguna otra fecha próxima.
Muchas gracias,
Un saludo,
Patri.

10/11/06 1:54 a. m.

 

Publicar un comentario

<< Home

una encuesta para hacer la prueba
que dia de la semana crees que es mejor para la proximia asamblea
Lunes
Martes
Miercoles
Jueves
Viernes
Sabado
Domingo