Benvidos o blog da Asociacion dos Tecnicos de Galicia do Audiovisual (ATEGA). Un espazo para que todos e todas podamos compartir as informacions e contidos que nos parezan interesantes. Tamen esperamos que este sexa un dos canales de comunicacion da asociacion cos seus asociados/as e co resto de comunidade que conforma o Audiovisual Galego. ESTE BLOG É PÚBLICO. CALQUERA PODE LEER E ESCRIBIR AQUI OS SEUS COMENTARIOS.

04 noviembre 2006

Noticias das actividades en curso

Esta entrada é para contarvos que onte, xoves 2 de Noviembre, comenzaron as reunións de traballo das catro persoas elexidas da comision para a redacción dos estatutos.
Dende aquí quero animarvos para que fagades as aportacions que vos pareza ben na entrada correspondiente. Seran leidas e estudadas.
Por outra banda é casi seguro que antes deste Luns vai estar operativa a dirección de correo electronico da Asociación. Estaredes informados aqui mesmo.
Gracias.
Juan Morgade

03 noviembre 2006

NOVA LINEA DE DEBATE: ORGANIZACIÓN DO BLOG

Ábrese esta entrada para todos aqueles que teñan coñecementos de como mellorar, organizar, distribuir, enriquecer....este blog. Si sabedes como facelo ou vos gustaria cambiar algo, esta é a entrada axeitada para deixa-los comentarios.
Para comenzar eu mesmo quixera saber como poñerlle un contador de visitas ó blog. ?Algunha axuda?
Gracias a todos.
Juan Morgade.

NOVA LINEA DE DEBATE. FINS DA ASOCIACIÓN E REDACCIÓN DE ESTATUTOS

Na primeira asamblea leeronse varios exemplos dos estatutos dalgunhas asociacións no apartado " fins da asociación ". Quedou claro que se deberian fixar os fins concretos desta asociación.
Abrese esta lineaa de debate nese sentido.
Pidese que aportedes ideas ou comentarios sobre cales deberian ser os fins da asociación e que contedes como redactariades vos eses puntos.
Tamén é esta a entrada axeitada para os vosos comentarios e aportacións en todo o que respecta á redacción dos estatutos.
Gracias polo esforzo. Se todos ponhemos un pouco poderemos chegar a crecer como asociacion.
Ánimo e aportade o que creades oportuno.
Unha aperta.
Juan Morgade.

UN NOME PARA A ASOCIACIÓN

Abrese nesta entrada un debate para a recollida de propostas para o NOME DA ASOCIACION.
Podedes propo?er o nome que pensades que é mellor e as suas siglas, acronimo ou como decidades vos.
Nos gustaria que houbese propostas dabondo para poder votar a que prefiramos na nova asamblea.
Xa sabedes, como sempre aqui debaixo, onde pon "COMMENTS" facedes clic e ahí­ podedes participar co voso comentario.
Un Saudo e gracias a todos/as.
Juan Morgade.

PRIMEIRO LISTADO DE NOMES

Publicase nesta entrada o listado por orde alfabetica cos nomes dos tecnicos/as que se apuntaron como membros da Asociación na primeira asamblea. Faltan alguns cargos. Agradeceriamos Ós interesados/as que notifiquen con que cargo queren aparecer nese listado. Tamén se poden notificar erros na transcripción, se os houbese, para ser subsanados.
Recordase a todo o mundo que o feito de non estar nesta lista non supón non querer pertencer á asociación.
O momento da verdade será na asamblea CONSTITUTIVA. Ahí é cando se fará legal e firme a pertenza á ASOCIACIÓN


RELACIÓN DE SOCIOS DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS DO AUDIOVISUAL GALEGO

NOME..............CARGO

Aláez, Pilar Foto Fija
Alonso Chamosa, Patricia 2? Axte. Dirección
Alonso, Encarna Script
Amoedo, Carlos Produción
Anllo Riveiro, Pablo
Anta, Marta Estilista
Arcay López, Natalia
Arnoso, Francisco (Pixi) Equipo Produción
Arribe Constenla, Beatriz Rexedora Atrezzo / Axte. Produción
Batet, Enrique Produción
Beade, Alberto Técnico de Son
Bell, Fany (wystown) Maquillaxe
Bello, Suso
Bermúdez, Rubén Técnico de Son
Cabana Folgueira, Iván Produción/Atrezzo
Calvo García, Lorena Peluquera
Canedo Ferreira, Cándido
Canle Alonso, Didre Equipo de Cámara
Carré, Héctor Axte. Dirección
Castro, Raquel Equipo de Cámara
Constenla Roibás, Patricia Atrecista/ Aux. Produción/ Aux. Vest.
Couceiro Leira, Ildefonso Técnico de Son
Couto Bellas, Cristina Maquillaxe
Cui?a Riveiro, Nanda
Davila, Carlos
Del Álamo, Pela Localizador/ Axte. Dirección
Del Monte, Beatriz Dirección
Del Río, Alejandro Operador de cámara
Devesa, Miriam Ayte. Produción
Díaz Blanco, Alberto (Bertitxi) Dtor. Foto/ Eléctrico
Diz Martínez, Abel Produción
Eiroa, Jorge Produción
Escrigas, Isabel Auxiliar de Dirección
Fernández Sánchez, Xurxo Técnico de Son
Fidalgo, Raquel Xefe Maquillaxe
Figueiras, Juan Eléctrico
Galdo Rolán, Tomás
Gali?anes, Juan Montaxe-Dirección
Gay López, Juan José Técnico de Son
Gil, Martín C.C.U.
Giménez Palacio, Bego?a
González, Yaiza Video Asist
Iglesias Pumar, Conchi
Illobre, Maí­a Maquillaxe
Jácome Cou?ago, Xabier Axte. Realización
Jul, Santi Técnico de Son
Landeira, Cristina Cámara E.N.G.
Lia?o, Marí­a Productora
Lobelle, Alberto Dirección
López López, Lorena Producción
López Villar, Oskar
Mari?o Lamas, Miguel Produción
Mari?o, Ana Produción
Monteagudo, Ana Script
Montiel, Nuria Produción
Morgade López, José Juan Equipo de Cámara
Moro, Enrique Montador/Realizador/ Posprodutor
Mouri?o, Carlos Empresario
Osorio, Olga Profesora Imaxe e Son
Otero Dí­az, Iria Técnico de Son
Otero García, Olga Arte
Pereira Ferreiro, Manuel
Pérez Fernández, Jaime Operador de Cámara
Pérez Lombas, Erea
Pérez Paris, Jose
Perolio, Cecilia Equipo Dirección
Pi?eiro Vilas, Francisco J. Reporteiro Gráfico
Pousada, Óscar Axte. Produción
Pozo Villar, Andrea
Purri?os Varela, José Carlos Reporteiro Gráfico
Ramos Domínguez, Pablo Técnico de Son
Ramudo Prieto, Martí­n Axte. Produción
Rega Nión, M. Isabel Equipo de Cámara
Rguez. Pino, Tania Axte. Dirección
Rodríguez Fiallega, Martín Montador
Romero Garcí­a, Rita Montaxe
Rubido Garrote, José Manuel Maquinista
Salas Herrero, Franklin
Salgueiro, José Produción
Sampayo, Alex
Sánchez, Sandra Montaxe-Dirección
Sande, Mar Produción
Sedes Prego, Carlos Montador/Realizador
Sueiro, Suso Dirección
Travieso Gómez, José Manuel
Txapu P.A.S. Técnico AV.
Varela, Carol (Mary Line) Maquillaxe
Vázquez Baston, Manuel Técnico de Son
Vázquez González, Manuel Produción
Vázquez Iglesias, Beatriz Maquillaxe
Vecino, Elisa Realizadora/ENG/Docente audiovisuais
Veiga, Estíbaliz Produción
Vilas Sarasua, Amaia Eléctrico
Vilas, Lorena 2do Axte. Dirección
Villar Castromil, Tanis
Villar Fdez., Ventura

02 noviembre 2006

INFORMACION SOBRE A PRIMEIRA ASAMBLEA

Transcribese aqui, tal cual está redactada, a acta que se fixo da primeira asamblea.
ESTA É:

ACTA I

ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS DO AUDIOVISUAL GALEGO

Escola de Imaxe e Son da Coruña, 20 de Outubro de 2006

Na mesa os membros da comisión que presenta esta inciativa, Juan Morgade, Miriam Devesa, Quique Batet, Raquel Fidalgo e Tania Rodríguez, que exercerá de portavoz.

A asamblea da comezo as 20.28h,
Tania Rodríguez explica que a idea de crear a asociación xurdiu do equipo de “Los muertos van deprisa” trala suspensión da rodaxe, que son eles os que están ahí pero que podería ser calquera, simplemente traen unha iniciativa, e que a idea desta asemblea é conseguir facer entre todos unha posta en común das finalidades que debería ter esta asociación e crear uhna comisión provisional dunhas 10 persoas, onde deberían estar representados os distintos departamentos, para levar a cabo a elaboración duns estatutos, que se levarián a asemblea para a súa discusión polos membros da asociación. Comenta que teñen exemplos e información de outras asociacións. Le como exemplo os fins da Asociación Profesional de Técnicos Audiovisuales de la Comunidad Valenciana que son os seguintes:

a) La representación, defensa y promoción de los intereses económicos, sociales, profesionales y culturales de sus afiliados.
b) Fomentar y mantener el prestigio profesional.
c) Programar las acciones necesarias para consenguir mejoras sociales y económicas de sus afiliados.
d) Fomentar la solidaridad, convivencia mutua, ayuda de todos sus miembros, estimulando la participación activa en la mecánica y actividad de la asociación.

Presenta o blog onde se poden facer comentarios e onde se colgará a información sobre a asociación e comunica que de momento xa nos ofreceron un local cun ordenador durante seis meses gratis para a asociación. A continuación presenta a ORDE DO DÍA que ten os seguintes puntos:

1- Introducción.
2- Obxectivo da asemblea. (Debate-posta en común de ideas)
3- Elección dunha comisión provisional para crear un borrador dos estatutos.
4- Explicar pasos a seguir da comisión provisional.
5- Convocatoria próxima asemblea.
6- Inscripción dos interesados na asociación.


Tania comenta o importante que sería para nós ter presencia nas reunións que afecten ó noso sector, estar representados, e da paso o debate , prantexando a cuestión de que deberiamos definir quen formará e quen non parte da asociación.

Pide a palabra María Liaño dicindo que temos que unirnos dalgunha maneira para que se cre a asociación e se esixa cumplir o convenio. Explica que o convenio non o crearía a asociación senón un sindicato ó que os asociados se afiliarían despois. Respecto á comisión provisional cre que 10 persoas son moitas, que 5 ou 6 serían suficientes, e que o primero paso sería acudir a unha asesoría que nos axude a elaborar os estatutos, para isto farán falta cartos, así como para fotocopias, desplazamentos, etc. e propón pasar o “cepillo”, que é como se fai normalmente mentres non se estableza unha cota de asociados.

Toma a palabra Suso Bello que prantexa se os directores e guionistas formarían parte desta asociación, Tania apunta que o TACE e a Asociación de Técnicos Valencianos non os acollen, Suso argumenta que estes teñen traballo intelectual, que só deberían estar os que teñen un traballo técnico.

A continuación pídense voluntarios para crear a comisión provisional, levantan a man Suso Bello, María Liaño, Olga Otero, Isabel Escrigas e Elisa Vecino, a eles súmanse os membros da mesa antes citados.

Suso dí que sería importante definir tamén se queremos montar unha asociación ou un sindicato. Que pode ser delicado o que Nanda Cuiña resposta que xa está farta de listas negras, que se non nunca se da feito nada.

Pilar Aláez propón que o sindicato que nos apoie sexa o que estea máis cerca da nosa profesión, algún de cobertura nacional.

Manolo Baston di que é mellor non cinguirse a un sindicato en concreto, que el leva moitos anos nun e que non vai cambiar agora, deberiamos intentar que todos nos apoien.

Pilar Aláez di que hai que diferenciar entre sindicato e asociación, a asociación toma decisións e acordos, abre o debate de se os técnicos ó traballar fora de Galicia seguen tendo cobertura pola asociación.

Olga Otero pregunta se a asociación nos pode defender legalmente ó que María Liaño responde que sí, que non é o mesmo que denuncie unha persoa soa que quen denuncie sexa a asociación.

Beatriz Arribe di que quen lle asegura que se ela non acepta unhas condicións de traballo quen lle garante que non vai vir outro a aceptalas o que lle respostan que é unha cuestión de solidariedade, que é o risco que corremos.

Carlos Sedes dí que vivimos das subvencións, que por qué non nos unimos e presionamos á Xunta para que se cumplan os mínimos do convenio, que é do que se trata, de pedir unhas condicións mínimas.

Hai varias manifestacións sobre as horas que traballamos, Santi Jul di que por que temos que trabajar 15 horas, Álex del Río, operador de cámara, comenta que está moi queimado, farto de traballar 15 horas e que a finais dos 80 gañaba por un día de traballo o que lle custa gañar hoxe. Debátese sobre se sería posible traballar 8 horas, Suso di que tería que ser coma no cine francés, terían que darnos máis semanas de rodaxe e os produtores pode non compensarlles, rebátenlle dicindo que iso non é problema dos técnicos e Suso di que iso pode supor non ter traballo, nin de 15 horas nin de ningún.

Tania intenta reconducir o debate coa pregunta ¿Qué queremos unha asociación, un sindicato?

Sandra Sánchez apunta que está ben este debate, que é a primeira vez que nos atopamos tantos técnicos xuntos.

María Liaño propón que se vote se se quere asociación ou non.

Piden que se enumeren de novo os obxectivos da asociación e Tania volve lelos.

Repártense unhas follas para que se anote todo o que estea interesado en formar parte desta asociación.

Vólvese ó tema de quen debe pertenecer á asociación, Sandra Sánchez prantexa o caso dos realizadores, Suso di que debe depender se se cobran dereitos intelectuais ou non, explícase que hai realizadores que son asalariados, que non teñen ningún dereito sobre a obra.

Manolo Baston di que isto debería estar desglosado nos estatutos.

Conchi Iglesias propón que se vote que os participantes da asociación sexan os que non cobran dereitos.

Pela del Álamo pregunta se os productores serían considerados técnicos ou non. Suso resposta que en tele normalmente son asalariados e si serían técnicos pero nunha productora o productor obtén beneficios.

Vólvese o debate de que pasa se firmas algo por debaixo do convenio, María Liaño di que se está por debaixo do convenio é ilegal, da igual que o firmes, Suso di que podes firmar algo por debaixo do convenio estando de acordo, por exemplo nunha película cun orzamento baixo. Pídese solidariedade, que se alguén estea mal, que polo menos nos poidamos apoiar entre nos.

Tania anuncia o que publicaremos no blog, a acta da asemblea, a lista dos asociados, e os pasos que a comisión provisional vaia dando, así como os gastos que se vaian contemplando.

Toma a palabra un técnico da TVG que prantexa se eles teñen cabida nesta asociación, que son 800 traballadores e teñen o seu propio convenio, se a asociación so vai reivindicar un convenio ou se teñen cabida outros fins.

María di que a asociación debe estar para que se cumpla un convenio, sexa o convenio que sexa.

Tania dí que a convocatoria da próxima reunión farase a través do blog. Dase por finalizada a sesión ás 22.05h.

Comenza a acualización do blog

Hola a todo o mundo. Comenza a acualización do blog. Para aqueles non afeitos, decir que a estructura do blog componse de entradas coma esta co seu tí­tulo e o seu corpo da mensaxe. As entradas vanse publicando por orden así que as mais vellas quedan na parte de abaixo da paxina e as mais novas quedan arriba. É un pouco raro ese sentido de lectura da paxina pero así é a estructura do blog. Si alguen sabe como cambialo agradecese a axuda. En cada entrada podense facer comentarios á mesma, que quedan arquivados coa hora e a data. Agradecese de novo que se firmen para que a comunicación sexa mais fluida. Estase a buscar un mail de contacto que sexa, de momento, o mail da Asociación. Así­ haberá outra canle mais de comunicación. Porase aqui tamén. Publicaranse entradas sobre temas especificos para que nos seus comentarios comece un debate libre e aberto sobre o tema da entrada. Pí­dese a todos os que queran facer comentarios que se acollan ás minimas normas de respeto e tolerancia. Non está no ánimo deste blog suprimir ningunha entrada ou comentario, pero así se fará cando se atente ó respeto ou dignidade de persoas ou colectivos. Animo a todos e seguide aportando as vosas opinións ideas....etc etc. Un saudo.
Juan Morgade.

una encuesta para hacer la prueba
que dia de la semana crees que es mejor para la proximia asamblea
Lunes
Martes
Miercoles
Jueves
Viernes
Sabado
Domingo